Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (759/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico:

Que neste xulgado se seguen autos número 759/2002 por instancia de Manuel Enrique Casais Figueira contra la empresa Lujaem, S.A. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 25 de marzo de 2003 que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Manuel Enrique Casais Figueira, contra a empresa Lujaem, S.A. condeno a esta a pagarlle a cantidade de 1.009,73 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lujaem, S.A.,expido e firmo esta cédula na Coruña, 3 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado