Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (526/2002).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 526/2002 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Condeno o denunciado José María Fariña Facal como autor dunha falta de furto á pena de trinta días de multa cunha cota diaria dun euro con vinteún céntimos (1,21 euros), o que fai un total de trinta e seis euros con trinta céntimos, cantidade que deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a firmeza da presente sentencia, prevíndoo de que en caso de non satisfacela e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que se poderá cumprir en réxime de arresto de fin de semana.

Todo iso con expresa condena en custas».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José María Fariña Facal, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o catro de marzo de dous mil tres.

O secretario

Rubricado