Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.605

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Por Resolución do 20 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro, cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro, apróbanse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 10 de

decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 245, do 20 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os aspirantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome, apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos

NomeDNIDiscapacitadosExclusión

González Vázquez, María Victoria33296862-SSi35

Guzmán Ares, Francisco Javier78786720-JNon32

Peón Fernández, María Rita36028467-WNon32

Causas de exclusión:

32 Non optar por ningunha rama.

35 Non presentar certificación de compatibilidade coas funcións propias do corpo.