Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.605

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro e cuarto exercicios da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2003, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 15 de abril de 2003, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid nº 2-4, polígono das Fontiñas, de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 9.45 horas.

De conformidade co informe da Dirección Xeral de Función Pública, terán que realizar este exercicio por non acredita-la posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudios equivalentes, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, os aspirantes que figuran no anexo:

Abad López, Carlos-DNI 18592421-A.

Azofra Arrizabalaga, Isabel-DNI 07239319-T.

Fdez.-Lasquetty Arrospide, Santiago-DNI 50307741-W.

Fuentes Acebes, María Henar de la-DNI 03460051-T.

Márquez Alonso, Jesús Javier-DNI 06568951-J.

Miguel Espejo, Ángela de-DNI 30794817-W.

Perales Garat, Gonzalo-DNI 32669435-M.

Rodríguez Fernández, Rubén-DNI 45432356-L.

O cuarto exercicio da fase de oposición realizarase o día 26 de abril de 2003, na Facultade de Dereito no Campus Sur, s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 9.30 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 9 horas.

En ámbolos dous casos, os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Presidente do tribunal