Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.605

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais, pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o citado proceso selectivo.

Advertido un erro na Resolución do 21 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), pola que se ordena a publicación da proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación acadada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 64, do 1 de abril de 2003, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na táboa de proposta de aspirantes que superaron o proceso correspondente a acceso libre, onde di:

«SÁNCHEZ LÓPEZ FERNÁNDEZ, MANUEL 32663575-X 15,00 15,67 Exento 6,00 0,20 36,87»

Debe dicir:

«SÁNCHEZ LÓPEZ, FERNANDO MANUEL 32663575-X 15,00 15,67 Exento 6,00 0,20 36,87»