Por Resolución do 20 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro, cunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia nº 41, do 27 de febreiro, apróbanse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.
Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 245, do 20 de decembro, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.
A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.
As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.
De conformidade co establecido na base I.3.1, os aspirantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome, apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na
Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública
ANEXO
Relación definitiva de excluídos
Nome DNI Discapacitados Exclusión
Carro Rey, Jesús 33248541-V Non 20, 53
Díaz Prada, María Mónica 77005663-F Non 22
Pérez González, Antonio 53111551-C Non 10
Rodríguez Nogueira, Carlos 33999577-B Non 34
Serrano Bello, María 32787629-W Non 41
Causas de exclusión:
10 Instancia fóra de prazo.
20 Taxas non aboadas.
22 Taxas aboadas fóra de prazo.
34 Instancia incorrecta (instancia non orixinal).
41 Non especifica-la forma de acceso.
53 Falta do DNI ou DNI incorrecto.