Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 1 de abril de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente e se convocan para o ano 2003.

O Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axudas ó desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA), establece no seu capítulo VI, título II, e nos seus artigos 22 ó 24, un réxime de axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente, orientando, polo tanto, as explotacións agrarias cara a unha agricultura sustentable e multifuncional que pretende compatibiliza-la conservación dos recursos naturais e a protección do ambiente coa producción de cantidades suficientes de alimentos de calidade contrastada para garanti-lo benestar das xeracións futuras.

Pola súa parte, as disposicións de aplicación do Regulamento 1257/1999 prevense no Regulamento (CE) 445/2002, da Comisión, do 26 de febreiro e, con base nel, presentouse a modificación do programa, aprobado mediante a Decisión C (2001) 4739, do 20 de decembro e aplicado, no ámbito estatal, por medio do Real decreto 708/2002, do 19 de xullo, polo que se establecen medidas complementarias do programa de desenvolvemento rural para as medidas de acompañamento da política agraria común.

A experiencia adquirida coa aplicación destas axudas durante a convocatoria do 2002 fai conveniente efectuar puntuais modificacións nalgúns artigos e anexos da Orde do 23 de agosto de 2002, precisándose, na sección primeira, por unha banda, os requisitos que teñen que cumpri-los posibles beneficiarios e, por outra, diferindo o prazo de presentación das solicitudes de axuda á respectiva convocatoria.

Por outra banda, tendo en conta que a dita Orde do 23 de agosto de 2002, con vixencia indefinida, cumpre os requisitos previstos, para as bases reguladoras aplicables á concesión de axudas e subvencións, no artigo 78.6º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, establécese na sección segunda desta orde a súa convocatoria para o ano 2003, que pola súa

vez cumpre os requisitos esixidos no artigo 8.3º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, e no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro,

DISPOÑO:

Sección primeira

Modificación da Orde do 23 de agosto de 2002

Artigo 1º

A presente sección ten por obxecto modifica-los artigos 7º (puntos 4, 5 e 6), 8º, 12º (punto 4), 24º, 28º e 36º (punto 2) da Orde do 23 de agosto de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente en Galicia, conforme o seguinte:

1. O artigo 7º.4, relativo a presentación de solicitudes e prazo, queda modificado como segue:

«7º.4. No caso de nova solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Anexo II: impreso de solicitude, debidamente cuberto e asinado.

b) Anexo III: relación de parcelas agrícolas da explotación. Para o caso no que o solicitante se acolla ás seccións 4ª.- Mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos e 6ª.- Mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción, desta orde pola totalidade das parcelas declaradas na solicitude única, poderá presentar no seu lugar copia da declaración de superficie, realizada ó abeiro da orde pola que se regula a solicitude única de axudas a superficies, animais e indemnización compensatoria. No caso de solicitar axuda por algunha das primas complementarias da sección 4ª, cubrirá no anexo III os datos correspondentes das parcelas para as que solicita.

c) Documento acreditativo da personalidade do solicitante (DNI) e, se for o caso, da representación coa que actúa.

d) Certificado da entidade financeira indicando o número de conta, en formato código conta cliente, aberta a nome do solicitante, para o ingreso da axuda.

e) A asociación á que pertence o beneficiario deberá de presentar, xunto co anexo VI debidamente cuberto e asinado, o documento acreditativo da constitución legal da entidade agraria, así como copia dos seus estatutos agás para a sección 6º.- Mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción.

f) Anexos VII e/ou VIII de aceptación e compromiso de execución do programa de axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente.

g) Autorización de solicitude de información de obrigas tributarias e fiscais, segundo anexo IX, se é o caso.

h) Se é o caso, a documentación xustificativa dos supostos de prioridade previstos no artigo 9º.

i) Calquera outra documentación que se considere oportuna para a resolución destas axudas.

j) Segundo o tipo de liña á que se acolla o solicitante, deberá presenta-los documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos, así como a documentación específica requirida para cada tipo de axuda. Ademais:

No caso de agricultura ecolóxica xuntarase:

* Certificado de inscrición no rexistro de operadores titulares de empresas agrarias de producción expedido polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, no que se recollan as superficies acollidas á producción ecolóxica, con indicación da súa utilización.

No caso de gandería ecolóxica, engadirase:

* Certificado de inscrición no rexistro de operadores titulares de empresas agrarias de producción no subsector animal expedido polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, no que se recollan as superficies acollidas á producción ecolóxica, con indicación da súa utilización.

* Copia cotexada do documento acreditativo da cualificación sanitaria da explotación en vigor, sempre e cando exista para esa especie animal.

* Anexo XV debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

No caso de mantemento de razas autóctonas en perigo de extinción:

* Copia cotexada do documento acreditativo da cualificación sanitaria da explotación en vigor, sempre e cando exista para esa especie animal.

* Certificado da asociación de que o solicitante pertence a ela.

* Certificación orixinal ou copia cotexada da inscrición dos animais, polos que solicita axuda, no correspondente libro xenealóxico da raza.

* Anexo XIV debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

No caso de mellora e conservación do medio físico en zonas de prados y pastos:

* Anexo XIV debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

* No caso de que o titular dos terreos sexa unha Comunidade de MVMC:

a. Copia cotexada do acordo adoptado pola comunidade de montes conforme se establece na autorización do acto de disposición.

b. Certificado de adxudicación individual de superficie, conforme o anexo XII.

* No caso de que o titular dos terreos sexa unha agrupación forestal:

a. Copia cotexada da acta de constitución da entidade.

b. Documento acreditativo da constitución legal da entidade agraria, así como copia dos seus estatutos.

c. Certificado de adxudicación individual da superficie, segundo o anexo XII.

No caso de reducción dos efectivos gandeiros:

* Copia cotexada do documento acreditativo da cualificación sanitaria da explotación en vigor, sempre e cando exista para esa especie animal.

* Anexo XIV debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

No caso de xestión racional de sistemas de pastoreo para protección de flora e fauna:

* Anexo XIII de notificación de traslado de animais ou guía de orixe e sanidade pecuaria (GOSP), se é o caso.

No caso de compatibilización de sistemas de pastoreo no hábitat do lobo:

* Fotocopia cotexada da denuncia e da acta de comprobación do organismo competente dentro do programa 2000-2006.

* Declaración xurada do solicitante pola que renuncia ás indemnizacions por ataques.»

2. Engádense os puntos 5 e 6 ó artigo 7º, coa seguinte redacción:

«5. Para 2º ano e posteriores con modificación da solicitude inicial no réxime de axudas, deberá presentar:

a) Anexo II: impreso de solicitude anual de pagamento, debidamente cuberto e asinado polo solicitante.

b) Anexo III: relación de parcelas agrícolas da explotación, e/ou copia da declaración de superficies para os casos contemplados no punto 7º.4.b), no caso de que modifique a superficie para a que solicita axuda.

c) Anexo XIV: declaración de gando por especies, no caso de que se modifiquen as UGM para as que solicita axuda.

d) Documento acreditativo da personalidade do solicitante (DNI) e/ou da representación coa que actúa, se é o caso.

e) Certificado da entidade financeira indicando o número de conta, en formato código conta cliente, aberta a nome do solicitante, para o ingreso da axuda, se é o caso.

f) A asociación á que pertence o beneficiario deberá de presentar o anexo VI debidamente cuberto e asinado, se é o caso.

g) Anexos VII e/ou VIII de aceptación e compromiso de execución do programa de axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente, se é o caso.

h) Documento de solicitude de cambio de nivel de compromiso entre liñas, segundo anexo IV, se é o caso.

i) Documento acreditativo da transferencia de compromisos, segundo anexo V, se é o caso.

j) Anexo XII: certificado de adxudicación individual de superficies, se é o caso.

k) Anexo XIII: notificación de traslado de animais, se é o caso.

l) Anexo XV: datos da explotación de gandería ecolóxica, se é o caso.

m) Calquera outra documentación que se estime oportuna para a resolución destas axudas.

6. Para o 2º ano e posteriores sen modificación da solicitude inicial no réxime de axudas, deberá presentar unicamente o impreso de solicitude anual de pagamento, segundo anexo II, debidamente cuberto e asinado.»

3. Modifícase o artigo 8º da Orde de 23 de agosto, relativo á tramitación das axudas, que queda redactado como segue:

«As solicitudes gravaranse nas oficinas agrarias comarcais e serán enviadas ós servicios provinciais de explotacións agrarias que realizarán as funcións de tramitación previas á resolución e pagamento, é dicir, comprobarán as solicitudes e verificarán que conteñen a documentación esixida. Se esta resultase incompleta ou defectuosa, requirirase o solicitante para que no prazo de 10 días achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos advertidos, facéndolle saber que, en caso contrario, terase por desistido da súa petición e, despois da resolución previa procederase ó seu arquivo sen máis trámite.»

4. Modifícase o artigo 12º.4, relativo a controis sobre o terreo que queda redactado como segue:

«Os controis sobre o terreo terán por obxecto asegura-lo cumprimento polos beneficiarios do conxunto das obrigas ás que se comprometeron. Efectuaranse anualmente e cubrirán alomenos un 5% dos soli

citantes da axuda a superficies. Faranse de forma imprevista aínda que se poderá avisar anticipadamente os titulares das explotacions cun prazo non superior ás corenta e oito horas. Non serán admisibles excusas para a realización do control, salvo causa de forza maior comprobada in situ, que deberá quedar reflectida na acta de control, neste caso poderase realiza-lo control unha vez desaparecida aquela.»

5. Modifícase o artigo 24º relativo á contía das axudas de control integrado de tratamentos fitopatolóxicos, que quedará redactado como segue:

«As primas máximas establécense en función do tipo e superficie mínima de cultivo de acordo coa táboa seguinte:

CultivoPrima máxima

(A/ha)

S. mínima

cultivo (ha)

S. couto

redondo (ha)

Herbáceos de secaño 52,890,306,40

Herbáceos de regadío 84,140,304

Froiteiras de secaño 70,320,304

Froiteiras de pebida141,240,302

Froiteiras de carabuña177,300,303,60

Oliveiral124,710,300,80

Hortícolas ó aire libre198,330,301,75

Hortícolas baixo plástico420,710,300,80

Viñedo vinificación147,850,304

Cítricos273,460,303,60»

6. Modifícase o artigo 28º relativo á contía das axudas da producción integrada, que quedará redactado como segue:

«As primas máximas establécense en función do tipo e superficie mínima de cultivo de acordo coa táboa seguinte:

CultivoPrima máxima

(A/ha)

S. mínima

cultivo (ha)

S. coto

redondo (ha)

Herbáceos de secaño 55,890,306,40

Herbáceos de regadío 93,160,304

Froiteiras de secaño 73,920,304

Froiteiras de pebida153,260,302

Froiteiras de carabuña198,330,303,60

Oliveiral147,250,300,80

Hortícolas ó aire libre213,360,301,75

Hortícolas baixo plástico480,810,300,80

Viñedo vinificación159,870,304

Cítricos345,580,303,60»

7. Modifícase o artigo 36º, punto 2, alínea a), relativo á contía das axudas, da sección relativa á mellora e conservación do medio físico en zonas de prados e pastos, que queda redactado como segue:

«a) Por pastoreo con, alomenos, o 75% de animais de razas autóctonas: 7.21 euros por hectárea.»

Artigo 2º

1. Os anexos I «Boas prácticas agrarias» a IX «Autorización de solicitude de obrigas tributarias e fiscais» e XII «Certificación de adxudicación individual de superficies» a XV «Gandería ecolóxica» da Orde do 23 de agosto de 2002, quedan substituídos polos anexos I a IX e XII a XV relacionados na presente orde.

2. Para cubrir mellor as solicitudes de axuda reguladas na Orde do 23 de agosto de 2002, engádense os anexos informativos XVI e XVII.

Sección segunda

Convocatoria das axudas para o 2003

Artigo 3º.-Obxecto.

A presente sección ten por obxecto establece-la convocatoria, para o ano 2003, das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatibles co ambiente en Galicia, de acordo coas bases previstas na Orde do 23 de agosto de 2002, publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 172, do 6 de setembro de 2002, coas modificacións introducidas na sección primeira da presente orde.

Artigo 4º.-Condicións e finalidade.

Para poder acceder ás distintas liñas de axuda previstas no artigo 1º da Orde de 23 de agosto de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a utilización de métodos de producción agraria compatible co ambiente en Galicia, os beneficiarios deberán cumpri-los requisitos establecidos para cada unha das seccións, conforme o previsto nos títulos I e II da dita orde, así como as modificacións introducidas pola presente orde.

As ditas axudas teñen por finalidade orienta-las explotacións agrarias cara a unha agricultura sustentable e multifuncional que pretende compatibiliza-la conservación dos recursos naturais e a protección do ambiente coa producción de cantidades suficientes de alimentos de calidade contrastada para garanti-lo benestar das xeracións futuras.

Artigo 5º.-Prazo e presentación das solicitudes de axuda.

Para a convocatoria 2003 e en cumprimento do artigo 43 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, as solicitudes de axuda presentaranse no prazo de 40 días hábiles seguintes contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Os interesados presentarán a solicitude inicial de axuda ou as solicitudes anuais de pagamento, axustadas ós modelos e coa documentación establecida en cada caso, conforme se establece na Orde do 23 de agosto de 2002, coas modificacións introducidas na sección primeira da presente orde.

Artigo 6º.-Xustificación do cumprimento dos compromisos.

Os beneficiarios deberán comunicar antes do 31 de outubro a realización do programa agroambiental de que se trate á Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, xuntando a documentación recollida no artigo 11 da Orde do 23 de agosto de 2002.

Artigo 7º.-Financiamento.

Para a concesión das axudas reguladas nesta orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, na aplicación 09.03.614A 772.0 por importe de 2.000.000 de euros, dos que 1.257.959 euros destinaranse ás novas solicitudes. Este financiamento poderá ser incrementado con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma.

Disposicióna dicional

Única.-Aplicarase á presente convocatoria o previsto na disposición adicional da Orde do 23 de agosto de 2002 en canto á autorización e expedición dos certificados acreditativos de que o solicitante se atopa ó corrente das súas obrigas tributarias e que non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante quedan exentos de xunta-los xustificantes do cumprimento das obrigas ás que se refire o artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as axudas especificadas no artigo 42 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO