Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos para a constitución e funcionamento, por transformación da xunta de compensación, nunha entidade urbanística colaboradora de conservación da U.A. IV-12 Ramón Nieto, 6.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de decembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos para a constitución, por transformación da xunta de compensación, e funcionamento da entidade urbanística colaboradora de conservación da unidade de actuación IV-12 Ramón Nieto, 6.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación do acordo no DOG, e dos estatutos, coas correccións sinalados no acordo, no BOP e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 24 de marzo de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo