Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 20 de febreiro de 2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de obras ordinarias da rúa Lugo, redactado polo arquitecto Gabriel Santos Zas, visado polo COAG no 14 de decembro de 2002 e promovido pola entidade mercantil Inmobiliaria Durán Gómez, S.A. (Indugosa), así como a necesidade de ocupación dos concretos bens e dereitos afectados para efectos de expropiación, descritos no devandito proxecto (expediente 4408/401).

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública xunto coa relación concreta de bens e dereitos afectados pola expropiación, polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, BOP e nun dos xornais de maior difusión da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A relación de bens e dereitos afectados é como segue:

Parc.TitularDomicilioSuperficie

02Rosina Álvarez Salidor/ Príncipe, 2035,73 m

21Joaquín Suárez Antelor/ López de Neira, 719,20 m

22Joaquín Suárez Antelor/ López de Neira, 570,83 m

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 27 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo