Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do PERI IV-01 San Roque A (expediente 8159/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 6 de febreiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Tomar coñecemento dos escritos de suxestións interpostos durante o trámite de exposición pública do avance do PERI IV-01 San Roque A (expediente 6570/411), no sentido que se recolle na última versión deste plan especial.

Segundo.-Aprobar inicialmente o PERI IV-01 San Roque A, de iniciativa municipal, redactado pola Oficina de Planeamento da Xerencia de Urbanismo, na súa última versión, coa simultánea delimitación de polígonos e áreas de normalización de predios e fixación de sistemas de actuación contida neste (expediente 8159/411).

Terceiro.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior circulación na provincia, en dous días consecutivos. Notifíqueselle o contido íntegro a tódolos propie

tarios do ámbito e ós que interpuxeron escritos e suxestións ó anterior avance. Solicítese o pertinente informe do Consello Galego para a Promoción e a Supresión de Barreiras Arquitectónicas da Xunta de Galicia».

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 18 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo