Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte:

Edicto de contratación, por concurso urxente, polo procedemento aberto, para a adxudicación das seguintes obras:

-Prolongación do saneamento a Rebordáns, por 65.822,05 A.

-Saneamento en Ribadelouro, por 65.827,99 A.

-Saneamento en Guillarei, por 81.737,64 A.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse, individualmente para cada obra nas oficinas deste concello, no prazo de trece días naturais, en horario de 9 a 14 horas, contado a partir da última publicación deste edicto no BOP e DOG, podéndose examinar nelas o prego de condicións de cada obra.

Tui, 1 de abril de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde