Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria do 27 de marzo de 2003, aprobou o expediente de contratación da consultoría e asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, convocando concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, segundo o seguinte cadro de características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Páramo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

b) Lugar: Concello do Páramo.

c) Prazo límite de execución: antes do 15 de outubro de 2006.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Tipo de licitación: setenta e cinco mil novecentos corenta e dous euros con trece céntimos (75.942,13), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación: 1.518,84 euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello do Páramo, A Torre 1. 27363-O Páramo. Teléfono/Fax: 982 53 91 56.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a esixida na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Páramo, A Torre, nº 1. 27363-O Páramo (Lugo). Teléfono/Fax: 982 53 91 56, de luns a venres, das 9.30 a 14.30 horas.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello do Páramo, ás 12 horas do quinto (5º) día hábil seguinte, non coincidente con sábado, ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Páramo, 28 de marzo de 2003.

Gumersindo A. Rodríguez Liz

Alcalde presidente