Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.580

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN DO INSTITUTO FEIRAL DA CORUÑA-IFECO

ANUNCIO do concurso, con procedemento aberto, para a contratación de obras de construcción do recinto feiral da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría de Ifeco.

c) Número de expediente: I-0103.

d) Vocabulario común de contratos públicos (CPV):

45211400-3

45211510-7

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción do recinto feiral da Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución (en meses): 30 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 22.298.845,03 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional.

445.976,90 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco.

b) Enderezo: r/ Alameda, 30-3º (edificio Cámara Oficial de Comercio).

c) Código postal e localidade: 15003 A Coruña.

d) Teléfonos: 981 21 44 88/981 21 60 75.

e) Telefax: 981 22 52 08/981 22 04 88.

f) Enderezo correo electrónico: ccincoruna*camaras.org

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día 22 de maio de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría):

GrupoSubgrupoCategoría

CTodosd

B 4d

I 6d

J 5d

K 2d

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ve-la cláusula 5.1.2 do prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 14 horas do día 27 de maio de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 5 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco.

2º Enderezo: r/ Alameda, 30-3º.

3º Localidade e código postal: 15003 A Coruña.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes:

A entidade ofertante poderá propoñe-las melloras técnicas da edificación de acordo co fin ó que se destina. Estas propostas limitaranse ós sistemas de acondicionamento do aire, seguridade, vixilancia, control e accesos, sistemas de xestión do edificio e mantemento das instalacións singulares.

En calquera caso, estas melloras técnicas non poderán varia-las condicións arquitectónicas do edificio nin poderán varia-las súas condicións constructivas e xeométricas, nin varia-la calidade dos materiais previstos no proxecto.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Fundación do Instituto Feiral da Coruña-Ifeco.

b) Enderezo: r/ Alameda, 30-3º.

c) Localidade e código postal: 15003 A Coruña.

d) Data: 9 de xuño de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: o 3 de abril de 2003.

12. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obte-los pregos:

www.camaracoruna.com

A Coruña, 2 de abril de 2003.

Gonzalo Ortiz Amor

Secretario