Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación da subministración de equipamento informático (31 ordenadores), mediante concurso público e polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 11/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 j) da Orde do 14 do marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, resolve convoca-lo concurso público nº 011/2003, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación da subministración de equipamento informático (31 ordenadores) para o Complexo Hospitalario de Pontevedra, por un orzamento de trinta e nove mil sesenta e cinco (39.065 euros). Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: a subministración obxecto deste concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; r/ Loureiro Crespo, 2, 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03 ou fax: 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo na Internet: www.sergas.es.

4. Fianzas: provisional, o 2% do orzamento da licitación (781,30 euros). Definitiva, o 4% da adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p.11).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: admitirase a presentación de dúas variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 31 de marzo de 2003.

Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra