Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de alimentación do Complexo Hospitalario de Pontevedra no Hospital Provincial de Pontevedra, mediante concurso público e polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 3/2003).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra para actuar como órgano de contratación, e unha vez autorizada expresamente a dita contratación, con data do 20 de marzo de 2003, polo presidente do Sergas,

resolve convoca-lo concurso público nº 003/2003, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de alimentación do Complexo Hospitalario de Pontevedra, no Hospital Provincial, por un orzamento dun millón cincocentos corenta e cinco mil setecentos vintecinco (1.545.725) euros. Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: o servicio obxecto deste concurso público executarase a partir da data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2004.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; r/ Loureiro Crespo, 2, 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03 ou fax: 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo na Internet: www.sergas.es.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación (30.914,50 euros). Definitiva, o catro por cento da adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: exenta por esixir clasificación económica.

6. Solvencia técnica: exenta por esixir clasificación económica.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p.11).

8. Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría D (equivalente ó establecido polo Real decreto 52/1991, do 25 de xaneiro, grupo III, subgrupo 8, categoría D).

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez (10) horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 31 de marzo de 2003.

Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra