Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 7 de marzo de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 2000/000031-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000031-1.

Denunciado: Consuelo Rodríguez Soto.

DNI: 32605051.

Enderezo: Emilia Pardo Bazán, 39-2º Ferrol.

Precepto infrinxido: 6.12.

Sanción: 210,35 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 7 de marzo de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña