Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 20 de febreiro de 2003, os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso público por procedemento aberto do contrato para a adquisición de subministración de equipamento mobiliario e escenario no edificio de usos múltiples (Auditorio), expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada subministración, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ós pregos de bases, restablecéndose o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución destas.

Obxecto. É a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da subministración de

equipamento mobiliario e escenario no edificio de usos múltiples (Auditorio).

Tipo de licitación. 96.742,54 euros.

Prazo de entrega. 2 meses.

Garantía. A provisión establécese en 1.934,85 euros. A definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións. Presentaranse en sobres individuais na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas. Terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil, seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación. Serán os fixados na cláusula do correspondente prego de condicións.

Modelo de proposicións. O recollido na correspondente cláusula do prego de condicións. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos. Serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como tódolos derivados do contrato, incluídos os de transporte e entrega da subministración.

Vila de Cruces, 6 de marzo de 2003.

O alcalde-presidente

Rubricado