Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración, en réxime de leasing, dos vehículos que a continuación se sinalan, con destino á brigada de vías e obras do concello:

Lote 1: camión e guindastre.

Lote 2: tractor e rozadora ventral.

Os licitadores poderán presenta-las súas ofertas para un ou varios lotes, que serán obxecto de adxudicacións independentes.

Tipo de licitación:

Lote 1: 75.000 euros, IVE incluído.

Lote 2: 92.500 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: establécese un prazo de entrega dos bens dun mes, contado desde o día seguinte á data de recepción da notificación de adxudicación.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto homónimo do prego de condicións económico-administrativas.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde