Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.492

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FEDERACIÓN GALEGA DE JUDO E D.A.

ANUNCIO.

Segundo o disposto pola asemblea xeral da Federación Galega de Judo e D.A. na súa reunión do pasado día oito de febreiro de dous mil tres, ratifícanse os estatutos desta federación coa inclusión das seguintes modificacións, que foron aprobadas por unanimidade:

Título I

Artigo 1º

3. Son competencia da Federación Galega de Judo e D.A. as actividades relacionadas co judo, jiu-jitsu e deportes asociados (aikido, wu-shu e tai-chi, kendo e defensa persoal).

Capítulo I

Artigo 6º

d) Técnicos:

1. A Escola Federativa.

2. O Comité de Árbitros.

3. O Colexio Galego de Árbitros de Judo e D.A.

4. O Colexio Galego de Profesores-Adestadores de Judo e D.A.

Capítulo III

Da xunta directiva

Artigo 21º

9. Son funcións básicas da xunta directiva:

d) O nomeamento e cesamento dos delegados provinciais e comarcais por proposta do presidente da federación.

Capítulo V

Sección terceira

Do Colexio Galego de Árbitros de Judo

Artigo 29º bis 1.

1. O Colexio Galego de Árbitros de Judo é o órgano que atende o funcionamento do colectivo arbitral do judo galego e correspóndelle o goberno, representación e administración das súas funcións.

2. O director será nomeado polo presidente da Federación Galega de Judo e D.A.

Sección cuarta

Do Colexio Galego de Profesores-Adestradores de Judo e D.A.

Artigo 29º bis 2.

1. O Colexio Galego de Profesores-Adestradores de Judo e D.A. á fronte do cal haberá un decano nomeado polo presidente da Federación Galega de Judo e D.A. entende directamente do funcionamento colectivo daqueles e correspóndelle, con subordinación ó presidente da Federación Galega de Judo e D.A. o seu goberno e representación.

2. As propostas que, nos aspectos que corresponden ó colexio, formule este, elevaranse ó presidente da Federación Galega de Judo e D.A. para a súa aprobación definitiva.

3. Un regulamento recollerá as funcións orgánicas e técnicas que son da súa competencia.

Todo o cal asino e ratifico para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, na Coruña, once de febreiro de dous mil tres.

Mario Muzas Cobo

Presidente da Federación Galega de Judo e D.A.