Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Advertido un erro material no anuncio relativo á aprobación dos trámites para a adxudicación, por concurso aberto, das obras de urbanización do vial SG-V3 e glorietas pertencentes ós sistemas SG-V2 e SG-V4 de conexión coa C-533 e coa rúa do Rodo en Lalín, procédese á súa corrección do xeito seguinte:

Clasificación do contratista: para poder participar nesta licitación, as empresas deberán estar clasificadas da seguinte forma:

-Grupo G, subgrupo G-4, categoría E.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP; en horario das 9 ás 14 horas e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Lalín, 27 de marzo de 2003.

O alcalde accidental

Rubricado