Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2003, acordou a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Friol.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos, advertíndose que en cumprimento do disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, estará exposto ó público nas oficinas municipais, para efectos de exame e presentación de reclamacións polo prazo dun mes, contado a partir do día

seguinte ó da última publicación deste edicto, ben no Diario Oficial de Galicia ou ben nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia (nos que se publicará por dous días consecutivos).

Do mesmo xeito e en cumprimento do disposto no artigo 77.2º da devandita lei, o acordo de aprobación inicial determinará por si só a suspensión do procedemento do outorgamento de licencias naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación do planeamento, xa que as novas determinacións supoñen a modificación da normativa urbanística vixente. O prazo de suspensión será como máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. As áreas de suspensión son as referidas na modificación do planeamento que a continuación se relacionan:

-Monte da Gándara (marxe dereita da estrada de Lugo).

-A Baiuca (fronte ó mercado gandeiro).

Friol, 26 de marzo de 2003.

Antonio Muíña Pena

Alcalde