Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-17/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión do 21 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste ordenación de volumes no ámbito da área de planeamento específico E9.01 Severo Ochoa, promovido pola Comisión Xestora da área de planeamento específico.

Segundo.-Someter a información pública, polo prazo de vinte días, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

Terceiro.-Notificarlle este acordo ó presidente da Comisión Xestora.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 28 de marzo de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo