Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (10/2002).

A Comisión de Goberno, na sesión realizada o día 11 de marzo de 2003, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do polígono H9.13 Antonio Ríos IV.

Segundo.-Aproba-lo proxecto de compensación presentado pola xunta de compensación do polígono H9.13 Antonio Ríos IV.

Terceiro.-Acepta-la cesión da parcela de cesión obrigatoria e incluíla no inventario municipal de bens tal e como se describe a continuación:

«Parcela de trescentos oitenta e catro metros con trinta centímetros cadrados de superficie total 384,30 m. Linda: norte, parcela A; sur, parcela B; leste, rúa Antonio Ríos e oeste, terreos destinados á prolongación da rúa Antonio Ríos», da que procede acepta-la cesión e incluíla no inventario municipal de bens.

Cuarto.-Requirir á Comisión Xestora do polígono H9.13 Antonio Ríos IV para que ingrese na caixa municipal en concepto de taxa pola tramitación do expediente a cantidade de cento trinta e catro con nove euros, cantidade que haberá de ingresar no prazo dun mes contado a partir da notificación do presente acordo.

O que se fai público para xeral coñecemento indicando que, contra este acordo, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación. Non obstante, pode interpoñer recurso potestativo de repo

sición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o TSXG, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 18 de marzo de 2003.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo