Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (9/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 11 de marzo de 2002, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do Polígono E8.02 La Silva, do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á Xunta de Compensación no prazo dun mes contado a partir desta notificación mediante escrito presentado ante a propia Comisión Xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo o modelo oficial que se achega, facultando a Comisión Xestora e, no seu nome, César Pérez Maldonado, como secretario desta, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Advertirlle á Comisión Xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá de proceder á constitución da Xunta de Compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispón dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da Xunta a xefe de Xestión no Servicio de Urbanismo, Berta Rosón López.

Sexto.-Requirir á Comisión Xestora, e no seu nome a César Pérez Maldonado, para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente a liquidación da taxa por tramitación do expediente que ascende á cantidade de 1.075,55 euros, advertíndolle que, sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade, non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación».

O que se publica para xeral coñecemento indicando que, contra este acordo, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante,

pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o T.S.X.G. no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

Comunícase así mesmo que a solicitude de adhesión á Xunta de Compensación haberá de acompaña-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten ós seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírese a estes para que no prazo dun mes presenten ante a Comisión Xestora, con domicilio na avda. Alfonso Molina, 5 baixo exterior, teléfono 981 15 04 88, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 17 de marzo de 2003.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda