Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión do 26 de febreiro de 2003, aprobou inicialmente o expediente de modificación puntual nº 7 das normas subsidiarias de planeamento deste municipio, relativa a determinacións específicas para o uso hoteleiro en solo rústico común.

O expediente sométese a información pública, polo prazo dun mes, desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado nos servicios técnicos municipais e presenta-las alegacións procedentes, de conformidade co establecido no artigo 85.2º en relación co 93.4º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ortigueira, 7 de marzo de 2003.

Ana Belén Franco Martínez

Alcaldesa accidental