Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da consultoría/asistencia que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 304/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: realización dunha auditoría de regularidade das contas do ano 2002 da Universidade de Vigo. b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 32.500 euros.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, edificio anexo ó Rectorado, 3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Enderezo: r/ Oporto nº 1, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, nº 46, 1º andar. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e máis información: http://www.uvigo.es.

Vigo, 31 de marzo de 2003.

P.D. (Resolución 14-6-2002).

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo