Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servicio que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 303/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de diversos centros da Universidade de Vigo (CPV.74.70.13). b) División por lotes e número: lote 1 (dereito e empresariais en Ourense); lote 2 (ciencias físicas, unidade administrativa e edificio multiúsos en Ourense); lote 3 (E.U. Enxeñería Técnica Industrial e E.U.E. Empresariais en Vigo); lote 4 (edificio Fundición nas Lagoas-Marcosende); lote 5 (edificio de Ferro en Ourense).

c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total para cada lote é: lote 1: 149.900 euros, IVE incluído. Lote 2: 48.000 euros, IVE incluído. Lote 3: 312.000 euros, IVE incluído. Lote 4: 78.000 euros, IVE incluído. Lote 5: 65.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías: provisionais: só se esixe para o lote 3 (6.240 euros). Definitivas: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, edificio anexo ó Rectorado, 3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: nos lotes 1 e 3 esíxese clasificación grupo U, subgrupo 1 e categorías A (lote 1) e C (lote 3) ou a anterior clasificación grupo III, subgrupo 6 e categorías A (lote 1) e C (lote 3) e nos lotes 2, 4 e 5 acreditarase a solvencia económico-financeira e solvencia técnica, segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 21 de maio de 2003. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Enderezo: r/ Areal nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, nº 46, 1º andar. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: 26 de maio de 2003. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE: 31-3-2003.

12. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e máis información: http://www.uvigo.es.

Vigo, 31 de marzo de 2003.

P.D. (Resolución 14-6-2002).

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo