Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.486

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003 pola que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, establece que ós avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlles publicidade ós avais concedidos polo Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) nas súas reunións con datas do 28 de novembro e 27 de decembro de 2002:

-Dous avais por importe máximo conxunto de 1.600.000 euros á Fundación Galicia Saúde.

-Aval por importe máximo de 1.920.000 euros á empresa Cerámica Verea, S.A.

-Avais por importe máximo de 2.268.000 euros á empresa Compañía de Atún Tropical, S.L.A.

-Aval por importe máximo de 1.020.000 euros á empresa Industrias Losan, S.A.

-Aval por importe máximo de 420.000 euros á empresa Vicente Romeo, S.A.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Ecónomica