Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de marzo de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican ós interesados acordos de incoación dos expedientes sancionadores correspondentes.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados os acordos de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 47/02, VP-C 2/03, VP-C 3/03, VP-C 4/03, VP-C 5/03, VP-C 6/03 e VP-C 13/03 por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccions en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Sebastián Martínez-Risco Alonso e Carmen Pombo Chans, concédeselles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 47/02.

Juan Carlos Fraga Míguez.

Rúa do Penireiro, 9-2º D. Dorneda. Oleiros.

VP-C 2/03.

Manuel Fernández Domínguez.

R/ Celso Emilio Ferreiro, bloque 1, bajo A. Santiago de Compostela.

VP-C 3/03.

Enrique González Rodríguez.

Tulipáns, bloque 38, P-21, 7º D. Barrio das Flores. A Coruña.

VP-C 4/03.

José M. Fernández Cendán.

Lepanto, bloque 33, P-10, 8º C. Ferrol.

VP-C 5/03.

Pedro J. Orozco Conles.

Fernando VI, bloque 3, portal 1, 5º dta. Ferrol.

VP-C 6/03.

Manuel Otero Fandiño.

Otero Pedrayo, 3, bloque 1, 4º B. Santiago de Compostela.

VP-C 13/03.

Mercedes Guerra Vidal.

Avda. Peregrina, 13, 2º esq., Bertamiráns. Ames.