Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de marzo de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se citan (expediente C-136-CD/63, conta 79 e sete máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede

mento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 7 de marzo de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Enrique Fernández Maneiro e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 8/03).

Conta: 79.

As Rosas, bloque 2, P-1, 8º C, Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 658,60 euros.

-José Fernández Sánchez e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 10/03).

Conta: 38.

As Rosas, bloque 1, P-1, 9º B, Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 526,35 euros.

-Elisa Ponte Fraga e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 11/03).

Conta: 41.

As Rosas, bloque 1, P-1, 10º A, Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 378,42 euros.

-Hermosinda González Pombo e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 12/03).

Conta: 572.

R/ Lirios, bloque 20, P-4, 2º dta., Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 232,88 euros.

-Josefa Gil Matos e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 14/03).

Conta: 1.276.

Pensamientos, bloque 42, P-2, 7º dta., Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 113,94 euros.

-Mª Luisa Ceballos Bello e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 15/03).

Conta: 1.385.

Pensamientos, bloque 42, P-14, baixo esq. Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 143,48 euros.

-José M. Rodríguez García e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 16/03).

Conta: 1.645.

Orquídeas, bloque 53, P-2, 6º esq., Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 964,20 euros.

-Josefina Iglesias García e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (F.P. 17/03).

Conta: 1.689.

Orquídeas, bloque 53, P-12, 4º esq. Barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 92,73 euros.