Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ames.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

A redacción do proxecto básico e de execución e a realización das obras que derivan deste proxecto para a construcción dun parque acuático no Milladoiro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

2.705.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 54.100 euros.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Concello de Ames.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade: Bertamiráns-Ames, 15220 A Coruña.

d) Teléfono: 981 88 30 60.

e) Fax: 981 88 39 25.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación do contratista:

GrupoSubgrupoCategoría

C2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9B

E7C

G6A

I6, 7, 8, 9C

J5B

K4, 5C

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia, ou no xornal El Correo Gallego.

b) Documentación que hai que achegar:

Véxase prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Secretaría do Concello de Ames.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: casa do concello.

b) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ames, 28 de marzo de 2003.

José Astray Lorenzo

Alcalde