O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental someteranse ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto do pase a concesión de explotación López nº 2655, situada en terreos dos concellos de Agolada e Rodeiro, provincia de Pontevedra e solicitado por Pablo Morais Núñez.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nestas oficinas.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas