Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/26-2, 5990 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: modif. do prox. de L.M.T., C.T. e R.B.T. a edif. Solimar.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con 620 m de lonxitude, conductor tipo R.H.Z., con orixe no C.T. Claudio, entrada no C.T. Náutico e final no C.T. Solimar.

C.T. de 2x630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T.S. con 134 m de lonxitude e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo