Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.463

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (254/2002-E).

Carmen Calvo Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade fai saber que nos autos de xuízo ordinario número 254/2002-E, coas partes que se mencionarán, dic

touse a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia: na Coruña, 21 de outubro de 2002.

Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González Carreró Fojón os presentes autos de xuízo ordinario número 254/2002-E, promovidos como parte demandante por Ana Martínez Vázquez, representado pola procuradora Sara Losa Romero, contra o demandado Industrias del Baño Aguamar, S.L. declarado en rebeldía.

Dictamino que estimo a demanda deducida pola procuradora Sara Losa Romero en representación de Ana Martínez Vázquez, S.L. contra Industrias del Baño Aguamar, S.L. en situación procesual de rebeldía, e declaro resolto por falta de pagamento de renda e demais cantidade de conta da arrendataria o contrato de arrendamento que ligaba ás partes sobre o predio e nave sita na parcela 159 da rúa Nobel do polígono industrial do Espírito Santo, Cambre, condeno á demandada a que no prazo legal desaloxe e deixe libre os expresados predios e nave, baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixer, condeno tamén á demandada a que lle aboe á demandante a suma de dezaseis mil trescentos oitenta e nove euros con setenta e sete céntimos (16.389,67 euros) en concepto de rendas correspondentes ás mensualidades vencidas con anterioridade á presentación da demanda, desde setembro de 2000 ata abril de 2002, ambos incluídos, computado o IVE e a retención do imposto de sociedades, mailos xuros legais

devengados desde a data da presentación da demanda e ata a desta sentencia, a partir da cal será de aplicación o disposto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil. Condeno así mesmo á demandada a que lle aboe á demandante a suma de catro mil novecentos dezaseis euros con noventa céntimos (4.916,90 euros) en concepto de rendas vencidas e impagadas desde a correspondente ó mes de maio de 2002 ata a mensualidade corrente, computados igualmente ó 16% de IVE e o 15% de retención fiscal que a arrendataria debe ingresar en Facenda pública. Impoño á demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá ningún recurso á parte demandada se non acredita ó preparalo ter satisfeitas as rendas vencidas e as que, de acordo ó contrato, deba pagar adiantadas, ou se non as consigna notarial ou xudicialmente.

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde Industrias del Baño Aguamar, S.L. e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro deste xulgado, expido e asino o presente edicto na Coruña o 21 de outubro de 2002.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE CORCUBIÓN