Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.463

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso na escala de auxiliares de bibliotecas, arquivos e museos desta universidade, convocadas por Resolución do 2 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo).

Rematado o prazo de reclamacións contra a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso na escala de auxiliares de bibliotecas, arquivos e museos desta universidade, convocadas por Resolución do 2 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1 convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 10 horas do día 26 de abril de 2003 na Facultade de Informática (Campus de Elviña). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade, lápis de cor negra número 2 e goma de borrar.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este rectorado, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de febreiro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña