Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.462

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de marzo de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, anunciada por orde desta consellería do 12 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, mediante Orde do 12 de febreiro de 2003 (DOG nº 39, do 25 de febreiro), de conformidade

co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 12 de febreiro de 2003.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2003.

María José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

DNI ou NRPGrupoApelidos e nomeCódigo do postoDenominaciónNivelCentro de destinoLocalidade

3497176646 A2059DGutiérrez Álvarez, Angelina IsabelAS.C01.00.000.15770.001Xefe de secretaría

do/a conselleiro/a

20Gabinete

do conselleiro/a

Santiago de Compostela

3329691846 A2059DFandiño Viqueira, María IsabelAS.C02.00.000.15770.001Secretario/a

do/a secretario/a xeral

18Secretaría XeralSantiago de Compostela

7651972635 A2051BGarcía Vaamonde, ConcepciónXU.C04.00.001.15770.004Xefe de Servicio

de Relacións Laborais

28Subdirección Xeral

de Traballo

Santiago de Compostela

3383706424 A2060APeña Cebreiro, María LuisaXU.C07.00.000.15770.020 Secretario/a do Consello Galego

de Relacións Laborais

30Consello Galego

de Relacións Laborais

Santiago de Compostela