Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de editoriais para o ano 2002.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo de editoriais, que subscribiu a comisión mixta paritaria do referido convenio o 10 de febreiro

de 2003, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

En Vigo, na sede da Asociación Galega de Editores sendo as 17 horas do día 10 de febreiro de 2003, coa asistencia de Fabiola Sotelo Sotelo, Pilar Sampil Sánchez e José Manuel Fernández Cadahía, en representación da Asociación Galega de Editores e de Manuel Martínez Barreiro, Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), celébrase a reunión da comisión mixta paritaria do convenio galego de editoriais coa seguinte orde do día:

1º Cláusula de revisión salarial do ano 2002.

2º Táboa salarial do ano 2003.

Adóptanse os seguintes acordos:

1º Actualización das retribucións salariais do ano 2002, motivada pola diferencia entre o aumento do 3% realizado no ano 2002, e o IPC real do ano 2002 calculado para Galicia polo Instituto Nacional de Estatística, 4,3%.

Consonte os artigos 7.3º 1. e 7.3º 2. do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Co efecto retroactivo o 1 de xaneiro de 2002, a comisión mixta paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento lineal do convenio, consonte a táboa salarial anexa I.

2º Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2003, a porcentaxe de aumento da contía do salario base e o complemento lineal é do 2,5%.

Consonte os artigos 7.3º 1. e 7.3º 2. do convenio colectivo galego de editoriais establécese que:

Co efecto retroactivo o 1 de xaneiro de 2003, a comisión mixta paritaria acorda proceder á actualización do salario base e do complemento lineal do convenio, consonte a táboa salarial anexa II.