Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: XS-C-01/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación do servicio público de escola infantil municipal Chalé Rosa do Concello de Pontedeume.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (anos): cinco (5).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo licitación ou canon de explotación: non se fixa.

5. Garantías:

Provisional: 601,01 euros.

Definitiva: 3.005,06 euros.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos; as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B e C, denominados proposición económica, documentación xeral e referencias técnicas para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 21ª dos pregos de condicións particulares.

c) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución do concurso ou transcurso do prazo sinalado no artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Admisión de variantes: admitiranse unicamente variantes sobre os criterios establecidos no prego e posibilitadas por este -segundo a cláusula 23ªsendo unicamente estas as valorables.

d) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro xeral.

2ª Enderezo: rúa Real nº 13.

3ª Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o sexto día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a obter no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio.

11. Gastos dos anuncios:

O adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

12. Exposición do prego:

O prego de cláusulas particulares que rexerá a presente contratación queda exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Pontedeume durante o prazo de oito días, para efectos do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Pontedeume, 24 de marzo de 2003.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde