Obxecto: execución das obras de pavimentación de accesos en núcleos de Parada e Caboi.
Orzamento: 40.059,60 euros.
Prazo de execución: 3 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.
Fianza provisional: 801,20 euros.
Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.
Información: na secretaría do concello.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.
Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
Outeiro de Rei, 28 de febreiro de 2003.
José Pardo Lombao
Alcalde