Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concurso ordinario con procedemento aberto.

Obxecto: execución das obras de pavimentación de accesos en núcleos de Vilela, Matela, Candai, Vicinte, Mosteiro e Robra.

Orzamento: 126.000 euros.

Prazo de execución: 6 meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 2.520 euros.

Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 28 de febreiro de 2003.

José Pardo Lombao

Alcalde