Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O concello en sesión ordinaria celebrada o día 21 de marzo de 2003 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º Aprobar definitivamente o proxecto urbanístico e o estudio de detalle da unidade de actuación nº 1 de conformidade co previsto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

2º Acorda-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do presente acordo, de conformidade co artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Rubricado