Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na sesión do 12 de marzo de 2003, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de saneamento e abastecemento no núcleo de Castelo de Abaixo e saneamento e abastecemento nos núcleos de Anguieiro e Paredes (parroquia de Santo André de

Castro). Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras anteriormente sinaladas.

b) Prazo de execución: seis meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación.

-Saneamento e abastecemento no núcleo de Castelo de Abaixo, por importe de 303.915,22 euros.

-Saneamento e abastecemento nos núcleos de Anguieiro e Paredes (parroquia de Santo André de Castro), por importe de 278.233,26 euros. Non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación (6.078,30 euros e 5.564,67 euros respectivamente).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c) para ámbalas dúas obras.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 815,04 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 21 de marzo de 2003.

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado da Área de Economía