Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello o Plan parcial do sector de solo urbanizable de Laxe, que promoven Fadesa e Promotora de Vivendas Urbanas, S.L., sométese este a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello, para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Queda suspendido por un ano, nos termos sinalados no artigo 34.2º da Lei 1/1987, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o outorgamento de licencias no ámbito territorial delimitado polo plan parcial, xa que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Laxe, 31 de marzo de 2003.

Antonio Carracedo Sacedón

Alcalde