Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno do Concello do día 18 de marzo de 2003 o proxecto de compensación correspondente ó polígono 16, situado no núcleo urbano de Gondomar, entre o camiño do Cardal, o río Morgadáns, Camiño das Ánimas e avda. da Circunvalación de Gondomar, exponse ó público polo prazo de 20 días ó abeiro dos artigos 102 e 133 da Lei 1/1997, de solo de Galicia, de aplicación por mor do preceptuado na disposición transitoria novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Gondomar, 20 de marzo de 2003.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde