Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

INFORMACIÓN pública.

Por decreto da Alcaldía con data do 27 de marzo de 2003, aprobouse inicialmente o estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa Xeneral Franco, agora rúa Real, esquina coa rúa Arroio, neste municipio. En cumprimento dos artigos 73 e 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural e 140 do Regulamento de planeamento, sométese a información pública o expediente, por un prazo de vinte (20) días, que empezará a computarse a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Quiroga, 28 de marzo de 2003.

Julio Álvarez Núñez

Alcalde