Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 5 de marzo de 2003 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Vidal.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Vidal, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 3-4-2002, Ramón Vidal Abanqueiro, Josefa e Mª de la Luz Vidal Torra

do solicitan autorización para a transmisión da concesión da batea Vidal.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de María de la Luz Vidal Torrado (52452920-V), baixo réxime de gananciais con José Fernando Sánchez Romero, de 3/4 indivisos da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Vidal.

Situación:

Cuadrícula nº: 69.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 12-6-1974 (BOE/DOG nº 181, do 30 de xullo).

Remate da vixencia: 30-7-2004.

Actuais titulares: Ramón Vidal Abanqueiro (33192706-A), Josefa e María de la Luz Vidal Torrado (33247907-G e 52452920-V, respectivamente).

Novos titulares: María de la Luz Vidal Torrado (52452920-V), Œ indiviso privativo da concesión e os 3/4 indivisos restantes, baixo réxime de gananciais con José Fernando Sánchez Romero (33265988-F).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuales titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día

seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña