Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 279/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 6 de febreiro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador 279/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Restaurante Chino Long Feng.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Restaurante Chino Long Feng o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo

establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña 5 de marzo de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente 279/2002.

Denunciado: Restaurante Chino Long Feng.

DNI/NIF: X 1453083-N.

Último enderezo coñecido: Carmen, 18. Ferrol.

Feito imputado: infraccións á lexislación aplicable en materia de restauración colectiva.

Preceptos infrinxidos: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º 1; 2.2º e 3.3º 6 do R.D. 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor; R.D. 2207/1995 sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas e R.D. 202/2000 polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 601,01 euros. Seiscentos un euros cun céntimo.