Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 5 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 266/2002 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 6 de febreiro de 2003, o/a instructor/a do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 266/2002 PRO incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Esther Corral Martínez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5º do referido artigo, notifícaselle a Esther Corral Martínez o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que

se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de marzo de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial de A Coruña

ANEXO

Nº expediente: 266/2002 PRO.

Denunciada: Esther Corral Martínez.

DNI/NIF: 33831509.

Último enderezo coñecido: Rego do Muíño. As Pontes de García Rodríguez.

Feito imputado: venda de bebidas alcohólicas a menores de idade.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: artigos 35.B.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade e artigos 13.1º e 37.3º a) da Lei 2/1996 de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: 3.005,07 euros. Tres mil cinco euros con sete céntimos.