Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 27 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 217/2002 PLA, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 27 de xaneiro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 217/2002 PLA incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Dorian Peluqueros, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Dorian Peluqueros, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento da mesma.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, a contar desde o seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos norma

lizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña 27 de febreiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente 217/2002 PLA.

Denunciado: Dorian Peluqueros, S.L.

Último enderezo coñecido: San Pedro de Mezonzo, 17 (entrechán). Santiago de Compostela.

Feito imputado: realizar actividades sanitarias sen contar coa correspondente autorización sanitaria. Facer publicidade de tratamento con Botox.

Preceptos infrinxidos: art. 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; arts. 3 e 6.1º do R.D. 77/2001, sobre centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia; art. 108 a) 15 da Lei do medicamento, Lei 25/1990; arts. 4 e 22 do R.D. 1416/1994, polo que se regula a publicidade dos medicamentos de uso humano e art. 1.1º do R.D. 1907/1996, polo que se aproba o Regulamento de publicidade, promoción comercial dos productos, actividades e servicios con pretendida finalidade sanitaria.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 3.005,06 euros. Tres mil cinco euros con seis céntimos.