Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 27 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 34/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 10 de decembro de 2002, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 34/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Juan José Mato Rodríguez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Juan José Mato Rodríguez o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de febreiro de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador nº 34/2002.

Denunciado: Juan José Mato Rodríguez.

DNI: 34945814-M.

Último enderezo coñecido: estrada de Francelos, nº 4-2º G de Ribadavia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 4 en relación co 1 e artigo 3.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos.

Tipificación: artigo 5 en relación co 3 e 4 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigo 36.1º a) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción imposta: 60 euros (sesenta euros).